Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conservatorio de Música de Tui realiza un intercambio de concertos coa escola de Música de Barbadás

22/04/2013

O 23 de abril en Tui e o 24 en Barbadás

 

Venres, 19 de abril de 2013. Os próximos martes 23 e mércores 24 de Abril, realizarase un Intercambio de Concertos entre os centros musicais da Escola de Música Municipal de Barbadás e o Conservatorio Profesional/Escola de Música Municipal de Tui. Neses dous días daranse senllos concertos entre ambos centros.

 

O martes 23, alumnos do centro de Barbadás  desprazaranse a Tui,e a partir das 18:30h. interpretarán un repertorio variado, tanto de diferentes interpretes coma de instrumentos e agrupacións, na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui. A entrada é libre ata completar o aforo do local.

 

Así mesmo, o día seguinte, mércores 24, os alumnos de Tui irán a Barbadás para realizar o concerto correspondente naquela localidade de Ourense.

 

Con este intercambio, o Conservatorio/Escola de Música do Concello de Tui trata de realizar diferentes actividades, fora das ordinarias, e así poder dar maior difusión o traballo que se realiza no propio centro municipal e noutros do mesmo estilo. Con estas actividades de encontro e intercambio se pretende que os alumnos mostren o seu traballo e teñan contacto con outros rapaces na mesma situación.