Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello suspende en sinal de do a visita nocturna, o cuadriatlón e a andaina saudable

26/07/2013

O Concello suspende en sinal de do a visita nocturna, o cuadriatlón e a andaina saudable

 

Venres, 26 de xullo de 2013. O Concello de Tui suspende as actividades que organizaba para esta fin de semana en sinal de do pola vítimas do tráxico accidente de tren de Santiago. As actividades suspendidas son a visita guiada nocturna polo Tui gótico, prevista para esta noite, o I Cuadritlón da Eurocidade que se ía celebrar mañá pola tarde, e a Andaina Saudable da Eurocidade polo Alto de San Xiao que ía ter lugar o domingo pola mañá.

 

Tanto a visita nocturna polo Tui Gótico como a Andaina polo Alto de San Xiaio quedan suspendidas. Mentres que o I Cuadriatlón da Eurocidade se apraza para o sábado 31 de agosto. As persoas que estaban inscritas nesta proba deportiva poden solicitar máis información, ou a devolución da cota de inscrición se non participarán  31 de agosto, póndose en contacto con Verdeazul.

 

Por outra parte lembramos que ás 12h haberá unha concentración silenciosa de 5 minutos diante da Casa do Concello de Tui en sinal de do e en recordo dos falecidos.