Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello repón os pináculos do adro da igrexa de San Telmo

2/01/2013

 

 

O CONCELLO REPON OS PINACULOS DO ADRO DA IGREXA DE SAN TELMO

 

O Concello de Tui continúa abordando pequenas intervención no conxunto histórico tudense para mellorar o seu aspecto; así en días pasados foron repostos do pináculos de pedra que ornamentan o muro perimetral do adro da igrexa de San Telmo.

 

Estes elementos decorativos foron derrubados, en parte, nunha acción vandálica hai xa tempo e agora o goberno municipal tudense procedeu á súa reposición para que o aspectos deste enclave monumental recuperase a súa configuración.

 

Tamén está en estudio a reposición do cruceiro existente nesta praza do conxunto histórico e que foi tamén derrubado hai xa varios anos.

 

A reposición desta pezas decorativas contribúe  recuperar o aspecto deste enclave e testemuña o compromiso do goberno municipal tudense pola conservación da zona monumental da nosa cidade.