Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello recibe diversas subvencións por un importe superior aos 342.000 euros

2/01/2014

O CONCELLO DE TUI RECIBE DIVERSAS SUBVENCIÓN POR UN IMPORTE SUPERIOR AOS 342.000 EUROS

 

  • O PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN ACHEGA UN INVESTIMENTO DE MAIS DE 264.000 EUROS PARA OBRAS EN SETE PARROQUIAS TUDENSES
  • AGADER FINANCIA MELLORAS NOS CAMIÑOS RURAIS DE TRES PARROQUIAS

 

Xoves, 2 de xaneiro de 2014. Nas últimas datas o Concello de Tui ten recibido diversas axudas e subvención para a realización de obras de mellora dos servizos e equipamentos públicos que redundará nunhas importantes melloras para os cidadáns, especialmente das zonas rurais do noso municipio. O investimento aprobado por parte das diversas administración públicas acada os 342.903,02 euros.

 

A Deputación Provincial de Pontevedra,  través do seu Plan de Obras e Servizos do ano 2013, ten concedido ao Concello de Tui diversas obras e intervencións especialmente para pavimentacións no rural. Os proxectos beneficiado, e que se executarán de inmediato, son a

  • “Mellora da pavimentación no vial Sambade- A cruz de Malvas”,
  • “Mellora da pavimentación no lugar da Devesa, Rebordans”,
  • “Mellora da pavimentación  en camiños nas proximidades do Lugar de Seixal, Baldrans”,
  •  “Mellora da pavimentación nas proximidades do lugar do Pozón, Caldelas”,
  • “Mellora da pavimentación no Lugar de Saides- parroquia de Pexeguieiro”,
  • “Mellora da pavimentación nos lugares de Cotarel e Corvaceiras” de Randufe
  • “Mellora da pavimentación no lugar do Anxo, Pazos de Reis”.

 

Amais ao abeiro do devandito Plan de Obras e Servizos a Deputación Provincial financiará  a realización dun “Parque infantil no CEIP nº 2 de Tui” así como a “Adquisición dun vehículo para servizos municipais”. Pola súa banda, a “Instalación dunha tirolina e tobogán no Paseo Fluvial de Tui” recibe unha subvención de  26.093,15 €  do servizo de cooperación da Excma. Deputación provincial de Pontevedra, quen subvenciona así mesmo os restantes proxectos aprobados cun total de 264.988 Euros.

 

Tamén a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería  do Medio Rural e do Mar concedeu unha subvención de 39.355,25 € para a “Mellora de pavimentación de camiños rurais nas parroquias de Pazos de Reis, Paramos e Caldelas” .

 

E finalmente cabe lembrar a subvención para o “Acondicionamento das parcelas municipais lindeiras co paseo fluvial “ da Dirección Xeral de Conservación de Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que  ascende a 12.466,62 euros.

 

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, este importante volume de investimentos contribuirá a mellorar os equipamentos e servizos que proporciona o Concello de Tui aos seus veciños contribuíndo eficazmente a garantir unha axeitada calidade nos mesmos. Paralelamente estes investimentos testemuñan o importante traballo realizado dende o Concello para lograr estas obras e intervencións e o compromiso con Tui das diversas administracións públicas que o Alcalde agradece.