Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello promove a retirada dun voladizo que ameazaba a seguridade vial na rua Calvo Sotelo

2/03/2012

En días pasados procedeuse á retirada dun voladizo na rúa Calvo Sotelo, no centro da nosa cidade, que polo seu avanzado estado de deterioro ameazaba a seguridade tanto dos peóns como dos vehículos que transitan por esta céntrica rúa tudense. Amais o seu deplorable estado afeaba de xeito substancial esta rúa da nosa cidade.

A retirada deste voladizo foi realizada polo propietario a instancias do Concello de Tui que tiña amosado a súa preocupación polo evidente perigo que representaba este elemento.

Para o alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta medida testemuña o compromiso do Concello de Tui por promover unha mellora no ornato público, ás veces con medidas sinxelas como esta co obxectivo de lograr, coa imprescindible colaboración dos veciños da nosa cidade, unhas mellores condicións de vida para todos. Finalmente o rexedor tudense agradece a colaboración deste propietario.