Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello entrega dous desfibriladores aos clubes de ribadelouro e de caldelas

10/10/2013

Xoves, 10 de outubro de 2013. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado polo concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, procedeu á entrega de senllos equipos desfibriladores aos responsables dos clubs de fútbol de Caldelas e de Ribadelouro. Coa entrega deste aparellos complétase o proceso de dotación destes equipos de emerxencia nos principais equipamentos deportivos do Concello de Tui.

 

Coa instalación destes desfibriladores nos vindeiros días nestas instalacións deportivas municipais garántase nos lugares de maior afluencia de deportistas e público a presenza destes aparellos básicos para unha atención urxente.

 

En base ao investimento realizado con fondos propios do Concello de Tui e unha achega da Deputación Provincial na actualidade ata seis instalacións deportivas municipais contan con estes aparellos, convertendo ao Concello de Tui nun municipio pioneiro na implantacións destes desfibriladores que garanten  unha atención axeitada fronte a unha urxencia.