Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui vai acometer a obra saneamento e pavimentación da estrada en Sambade A Cruz en Malvas

2/07/2022

Será financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O Concello de Tui vai acometer a obra de “Saneamento e pavimentación en Sambade A Cruz” en Malvas cun investimento de 306.476,76 € que serán financiados a través do Plan Concellos 2022-23 da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que “é unha antiga demanda que afortunadamente en breve imos ver satisfeita”. Explicaba que é unha obra “que xa ven dende hai moitísimo tempo e pasou por moitísimas vicisitudes. Houbo que refacer ese proxecto moitas veces”.  Explica Enrique Cabaleiro se trata dun actuación “non só de asfaltado e pavimentación  senón tamén de saneamento e de estrutura”. Este importante investimento suporá unha mellora na seguridade vial na parroquia de Malvas.