Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concello de Tui repartirá 81 composteiros individuais entre os veciños que o soliciten

27/08/2019

Os beneficiarios recibirán unha charla sobre o uso e durante os dous primeiros anos serán supervisados no seu funcionamento.

Na aposta que pola reciclaxe do lixo que se realiza dende o Concello de Tui, e grazas á participación no programa Revitaliza da Deputación, vanse repartir 81 composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, entre aqueles veciños e veciñas que así o soliciten.

Os interesados deberán cubrir o modelo de solicitude, que poderán descargar da web tui.gal ou recoller na secretaría da casa do concello, e remitila ao correo electrónico comunicacion@tui.gal ou entregala na casa do concello.

Os composteiros entregaranse por orde de solicitude até completar o total dos 81 dispoñibles.

Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un anos.

Previa a entrega do COINEX os beneficiarios recibirán unha pequena charla onde se lles explicará o lugar máis axeitado para colocalos, que tipo de restos se poden depositar, como se debe depositar o material, que é o estruturante, … Amais durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.

Solicitude de composteiro

Guía de compostaxe individual do Plan Revitaliza