Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui reclama o mantemento do transporte de viaxeiros por estrada

18/02/2013

 

O CONCELLO DE TUI RECLAMA O MANTEMENTO DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA

 

Venres, 15 de febreiro de 2013. O Concello de Tui presentará unha alegación diante das pretensións da empresa concesionaria do transporte de viaxeiros por estrada na nosa comarca de reestructurar o servizo reducindo algunha das liñas existentes que comunican á nosa cidade con Vigo.

 

Comprendendo as razóns económicas alegadas pola empresa concesionaria do reducido número de usuarios que obrigan a esta reestructuración, o alcalde de Tui alega o caracter de servizo público desta liñas de transporte e que garanten unha axeitada comunicación de Tui e a comarca do Baixo Miño coa cidade viguesa onde radican numerosos servizos públicos, especialmente relacionados coa saúde.

 

A procura de alternativas para garantir como a implantación dun billete metropolitano que permita realizar transbordos entre diferentes liñas no ámbito da comarca ou a creación de tarifas reducidas para usuarios habituais, estudantes e persoas xubiladas, a dotación de vehículos de plataforma baixa que favorece o seu uso por persoas maiores, etc son alternativas que cómpre estudar para favorecer un uso máis amplo do transporte colectivo, unha necesidades especialmente nestes tempos.

 

Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, cómpre a procura de solucións equilibradas entre os lexítimos intereses da empresa concesionaria e o obrigas das administracións de garantir un servizo de transporte para os nosos cidadáns.