Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui recibe case 14 mil euros da Deputación para a dotación de persoal para a realización de tarefas de información na Oficina Municipal de Turismo

3/10/2022

O Concello de Tui recibiu unha achega da Deputación de Pontevedra para financiar os custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información na Oficina Municipal de Turismo adherida á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas. 

A Oficina Municipal de Turismo, está situada dende o mes de febreiro de 2022, no céntrico Paseo da Corredoira. Contan cunhas instalacións amplas e modernas para atención de visitantes, turistas e peregrinos. O seu horario de atención ao público é de luns a domingo de 9 a 14 h e de 16 a 19 h. 

En concreto o Concello de Tui recubiu unha achega de 13.300 € que corresponde ao 61,24% dos 21.719,50 € de investimento previstos para a contratación do servizo de atención ao público entre os meses de xullo e decembro. . 

Cómpre lembrar que o Concello de Tui foi declarado Municipio de Interese Turístico en 2020.