Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui organiza o Foro de Emprego “Emprega Tui” para promover a inserción laboral

11/09/2019

O obxectivo é achegar a realidade do mercado laboral as persoas que están buscando emprego

O Concello de Tui organiza o próximo martes, 17 de setembro, un Foro de Emprego que baixo a denominación de  EMPREGA Tui. Celebrarase  na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingos, na rúa Antero Rubín, en horario de 8:45 a 14 h.

EMPREGA Tui ten como obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego e que queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren na selección de persoal de cada empresa.  Identificaranse os postos de traballo máis demandados no mercado laboral e desvelásense os aspectos clave mellor valorados nos procesos de selección. Todo iso de xeito vivencial e a través de casos prácticos e exemplos reais da contorna laboral.

Emprega Tui está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, en colaboración con distintas entidades e empresas, entre elas o Eures Transfronteirizo.

EMPREGA TUI  contará coa presenza de varias empresas líderes no seu sector que permitirán achegar a realidade laboral aos asistentes que terán a oportunidade de coñecer qué tipos de perfis son os que están a demandar e as esixencias claves para a súa cobertura. As empresas participantes son: Quick Up, Adecco, Utingal, Alonarti, Star servicios e Grupo Marsan que presentarán nunha breve exposición a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Tamén exporán as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle  ás persoas desempregadas claves que as axuden a superar con éxito os procesos de selección.

 O número de prazas para participar neste Foro de Emprego é limitado e as prazas cubriranse por rigoroso orde de solicitude. As persoas interesadas poden inscrbirse no correo p.i.emprego@tui.gal o nos teléfonos 664 552 493, 629 706 436 e 986 60 16 51 ou presencialmente no segundo andar do Centro Municipal de Formación municipal do Concello de Tui en Guillarei.

Coa realización deste foro o Concello de Tui quere demostrar o seu compromiso co emprego creando oportunidades para o encontro e facilitando a participación de todas as partes implicadas no mercado laboral, nun territorio situado estratexicamente e coa intención de dar resposta ás necesidades de recrutamento da área de influencia do  Concello de Tui, o que permitirá reducir paulatinamente o número de persoas desempregadas no municipio.