Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui ofrece un taller gratuito de "Autoprotección" para mulleres"

12/11/2013

Martes, 12 de novembro de 2013. Hoxe, martes 12 de novembro, ábrese o prazo de inscrición para o obradoiro “Autoprotección para mulleres” que se celebrará o xoves, 28 de novembro, no Pavillón Municipal de Deportes de Tui.

 

O obradoiro é unha iniciativa do Concello de Tui que busca aportar ás mulleres un conxunto de técnicas defensivas conducentes á súa autoprotección. O obradoiro impartirao a Policía Municipal de Tui baixo a supervisión do  suboficial titulado como instructor rexional de Kung-Fu e cinturón negro, Dan.

 

A  cita será o xoves, 28 de novembro, de 18h a 21:30h no Pavillón Municipal de Tui e a inscrición é gratuíta ata completar as 50 prazas ofertadas.

 

A data límite de inscrición será o 26 de novembro nos Servizos Sociais do Concello de Tui ou no teléfono 986 60 36 25