Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui ofrece un servizo orientación laboral

22/11/2013

Xoves, 21 de novembro de 2013. O Concello de Tui pon a disposición de todos aqueles usuarios que o soliciten, o Servizo de Orientación Laboral, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta. O persoal técnico encargado deste servizo esta instalado no Centro de Formación do Concello de Tui (A Gándara, Guillarei).

 

Este Servizo de Orientación Laboral do Concello de Tui ten como finalidade o apoio a demandantes de emprego e empresas, realizando funcións de información e asesoramento na procura de emprego, así como a captación de ofertas de emprego apoiando a intermediación entre a oferta e a demanda.

 

As persoas interesadas deberán concertar cita previa coa Orientadora Laboral, ben a través do Servizo Público de Emprego de Tui ou a través do teléfono 986 60 32 28.

 

Con este novo servizo municipal o Concello de Tui continúa ampliando a súa oferta en materia de emprego e formación. Un abano de actividades que abrangue dende o Obradoiro de Emprego a diversos cursos de formación ou a próxima posta en marcha do Viveiro de Empresas e que se completan co Plan de Emprego Local, os contratos ao abeiro dos programas de cooperación con outras administracións públicas, etc. Como ten sinalado en diversas oportunidades o alcalde tudense, Moisés Rodríguez,  o emprego é a prioridade da acción municipal.