Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui está a baldear as rúas do casco urbano para mellorar a súa limpeza

19/03/2014

Mércores, 19 de marzo de 2013. O Concello de Tui está levando a cabo dende hai uns días o baldeado das rúas do casco urbano para mellorar así o seu estado limpeza. Tres operarios municipais, con motobombas, están a realizar este traballos nas distintas rúas tudenses para mellorar así o seu estado e aspecto.  Esta é unha tarefa que se realiza de xeito periódico ao longo do ano para garantir así o bo estado dos viais do centro urbano da cidade.  Esta labor súmase a tarefas de limpeza habituais que se levan a cabo nas diferentes rúas.

 

Dende o Concello de Tui se solicita a colaboración da cidadanía para manter a boa imaxe da cidade depositando o lixo no interior dos contedores, empregando as papeleiras, e non botando desperdicios á rúa.