Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui entregou máis de 350 trampas e 700 doses de atraínte para loitar contra a vespa velutina

9/10/2023

As persoas interesadas poden solicitar aínda este material de forma gratuíta

O Concello de Tui está comprometido na loita contra a vespa velutina, ante as adversas consecuencias que ten esta especie invasora. Así púxose en marcha unha campaña na que se levan entregadas 360 trampas, 50 en 2022 e 310 no que levamos de 2023, e 700 dose de atraínte, 100 en 2022 e 600 este ano.   Deste xeito facilítase de forma gratuíta á poboación os medios materiais para loitar contra a invasión desta vespa ante as consecuencias que ten para a poboación de abellas, e para a seguridade da veciñanza xa que a picadura desta especie adoita ser de maior envergadura que as das vespas comúns.

As persoas interesadas en obter unha trampa ou a dose de atraínte pode solicitalo no teléfono   687 24 99 53, ou na Oficina de Xestión de Residuos, na nave municipal de Guillarei os xoves de 10 a 14 h. A concellería de Medio Ambiente do Concello de Tui fará entrega deste material de forma gratuíta até rematar existencias.

Por outra parte cómpre lembrar que no caso de ter un niño de vespa velutina preto dunha vivenda ou que ofrece un perigo para a poboación debe solicitarse a súa retirada no 012.