Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e AFAGA impartirán en Tui un programa dirixido a coidadores familiares de persoas dependentes

14/02/2020

Ofértanse 15 prazas. Os interesados pódense inscribir até o 3 de marzo no departamento de Servizos Sociais

Hoxe abre o prazo de inscrición para “Coidand@-me” o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes que se vai impartir en Tui grazas á colaboración entre o Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, e AFAGA.

Ao longo de doce sesións, que se impartirán os luns de 11 a 12.30 h no Centro Sociocomunitario, abordarase a parte emocional, a toma de decisións, o coñecemento dos recursos… O obxectivo é brindar as persoas coidadoras as ferramentas para prestar un mellor coidado aos seus familiares pero ao mesmo tempo para coidarse a sí mesmas.

As persoas interesadas pódense inscribirse no departamento de Servizos Sociais na casa do concello até o martes 3 de marzo. Poden solicitar máis información no 986 60 36 25 ext. 54 ou no 986 22 97 97.

Froito da colaboración entre o Concello de Tui e AFAGA estanse a impartir dende setembro os obradoiros “Cultiva a Mente”. Até xuño 75 persoas en cinco parroquias tudenses, Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, e Rebordáns, están a tomar parte nesta actividade de prevención.