O Concello de Tui convoca un proceso de selección para catro prazas
25/06/2008
O Concello de Tui convoca un proceso de selección para catro prazas
O Concello de Tui realiza unha oferta de emprego público pola que se convoca un proceso de selección para as seguintes prazas:
- Un arquitecto (funcionario interino)
- Un auxiliar de cultura (contrato laboral temporal a tempo completo)
- Dous auxiliares administrativos (contrato laboral temporal a tempo completo)
Os interesados poden presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Tui, dende o día 26 de xuño de 2008 ata o 1 de xullo de 2008 (ambos inclusive) .
Para máis información nas oficinas do Concello de Tui ou no teléfono 986.603625.