O Concello de Tui congratúlase pola autorización do cemiterio de Caldelas
O CONCELLO DE TUI SE CONGRATULA POLO VISTO bo DA XUNTA DE GALICIA Á construciÓn dun cemiterio no lugar de foxo – CALDELAS
§
O obxecto deste uso nun solo rústico foi promovido pola Comunidade de Montes en man Común de Caldelas de Tui
§
Trátase dunha parcela de máis de 65.000 m2, no que se construirá un camposanto de 366 m2
§
Na resolución enviada aos promotores sinálase que as características tipolóxicas, estéticas e construtivas deben ser acordes coa paisaxe rural e coas construción tradicionais do contorno
Martes, 29 de xaneiro de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de outorgar a construción dun cemiterio no lugar do Foxo, en San Martiño de Caldelas, no Concello de Tui. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de remitir á Comunidade de montes en man común de Caldelas, promotora desta solicitude, a resolución pola que se informa favorablemente este uso en solo rústico.
O Concello de Tui se congratula por esta decisión da Xunta de Galicia que patentiza o traballo realizado polas autoridades municipais, en colaboración estreita coa Comunidade de Montes de Caldelas, diante das autoridades autonómicas para lograr esta autorización.
As obras e intervención consisten na construción dun cemiterio con nichos dotado de aseos, cuarto de persoal, local e zona verde exterior. A construción resólvese nun único volume central con todos os servizos do cemiterio e dúas alas laterais cos nichos e cuberta a dúas augas. A superficie total construída é de 366,59 metros² e nos planos de proxecto reflíctese unha zona de aparcamento.
Na resolución enviada pola Xunta tamén se aclara que as características tipolóxicas, estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabados das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do contorno.
O rexedor tudense, Moisés Rodíguez Pérez, agradece á colaboración atopada da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a aprobación deste cemiterio que resolve unha importante necesidade desa parroquia e da cumprimento a un dos compromisos asumidos polo goberno municipal tudense cos veciños de Caldelas.