Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui celebra o Día de Rosalía con diversas actividades

20/02/2013

 

O CONCELLO DE TUI CELEBRARA O “DIA DE ROSALÍA” CON DIVERSOS ACTOS

 

O Concello de Tui súmase este ano á celebración do “Día de Rosalía” dando cumprimento a un acordo plenario adoptado no pasado 2012 pola Corporación Municipal. Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de “Cantares Gallegos”, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos arredor do  24 de febreiro, data na que naceu Rosalía de Castro, tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais da nosa cidade.

 

A Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal organiza as seguintes actividades:

 

-              Xoves 21 de febreiro: conferencia “Rosalía de Castro: sentido e vixencia da súa obra” a cargo do prof. Dr. D. Francisco Rodríguez .as 20,00 h. na sala Felix Rodríguez González

-              Sábado 23 de febreiro: Lectura pública de poemas de Rosalía de Castro (recitado e música) ás 19,00 horas na Sala Felix Rodríguez González

 

Ao longo do sábado se agasallará cunha flor a todos os que merquen un libro nas librerías tudenses ou retiren un libro en préstamo na Biblioteca Municipal.

 

O Concello de Tui anima a todos os cidadáns a sumarse a esta celebración e ás numerosas iniciativas que se espallan polo país adiante en lembranza desta egrexia figura das nosa letras. Iniciativas como a promovida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) que anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.