Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello convoca a segunda edición do concurso de decoración de balcóns e ventás do conxunto histórico

30/05/2013

Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns

 

Xoves, 30 de maio de 2013. O Concello de Tui convoca neste ano 2013 a segunda edición do concurso de decoración de balcón e xanelas do conxunto histórico de Tui que promoven as concellería do Conxunto Histórico e a concellería de Parques e Xardíns, coa colaboración das florerías tudenses “La Flor” e “Rita” e a “Fototeca”.

 

Esta iniciativa xorde como unha proposta para humanizar as rúas da zona monumental tudense promovendo a implicación dos seus habitantes na conservación e promoción deste conxunto patrimonial. Como sinalan as bases do certame “preténdese chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor”.

 

Poden participar todos os veciños do ámbito do conxunto histórico para o que compre inscribirse, ata o 13 de xuño, ou ben no Concello ou nos establecementos colaboradores; unha vez realizar esta seralles entregado un distintivo que deber permanecer xunto ao balcón ou ventá participante entre o 16 de xuño e o 16 de agosto.

 

O xurado terá en conta entre outros, os seguintes criterios:

•          O estado de conservación e mantemento do balcón

•          A orixinalidade da ornamentación e a innovación dos elementos accesorios

•          A harmonía no crecemento das plantas

•          A combinación de cores e o seu valor estético

•          A variedade, calidade, perdurabilidade e innovación dos elementos vexetais

 

Os premios establecidos neste primeiro concurso son:

•          1º premio. Diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€

•          2º premio. Diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€

•          3º premio. Diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€

•          Premio Especial ó mellor establecemento de hostalería. Diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€.

 

O Concello e xunto aos establecementos colaboradores animan a todos os veciños e aos establecementos comerciais a participar nesta iniciativa que promove potenciar esta zona histórico tudense cun valor engadido, como é a decoración foral que incrementa a beleza deste espazo monumental.  Con esta nova convocatoria trátase de que esta iniciativa sexa favorablemente acollida entre os veciños para que a contemplación destes elementos decorativos sexa un novo valor que xustifique unha visita á nosa cidade e, sobre todo, faga máis agradable a vida nas rúas históricas de Tui.