Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello colabora coa confección de alfombras florais para a procesión do corpus Tudense

29/05/2013

Mércores, 29 de maio de 2013. O Concello de Tui, a través da concellería de Parques e Xardíns, colabora con diversos colectivos tudense na confección de alfombras florais para honrar o paso da tradicional procesión do Corpus Christi deste domingo 2 de xuño.

 

Neste ano se realizaran tres alfombrados florais no percorrido da procesión eucarística polas rúas tudenses; en concreto, no Pórtico da Catedral, na Praza de San Fernando e na Praza do Concello.

 

As voluntarias da Pastoral da Saúde e da Adoración Nocturna Feminina son as responsables da confección destes alfombrados e xa están traballando todas as tardes a partir das 17,00h no Claustro da Catedral e o este domingo dende as cinco da mañá preparando estas alfombras de flores. Os organizadores agradecen a colaboración que calquera persoa poida realizar para darlle continuidade a esta alongada tradición existente na nosa cidade. Tamén colaboran neste evento as florerías La Flor e Rita da nosa localidade.