Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello acomete melloras no Torreiro de Malvas

21/06/2013

O Concello de Tui ten acometido unha serie de melloras no torreiro das festas da parroquia de Malvas que facilitarán no futuro a celebración dos tradicionais festexos desta parroquia o calquera outro evento.

 

En concreto, as obras realizadas foron o soterramento da liña telefónica que atravesaba a superficie desta pista, mediante a apertura da correspondente gabia, colocación de tubos e acometida, etc.). Esta intervención foi realizada coa colaboración de Telefónica que procedeu á substitución dos antigos postes de madeira e de seguido á instalación do tendido telefónico pola acometida soterrada instalada.

 

Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta obra, de caracter sinxelo, posúe sen embargo unha importante repercusión pois posibilita a celebración de espectáculos de maior entidade neste espazo festivo da parroquia de Malvas ao tempo que mellora o aspecto deste torreiro e se amplía o lugar destinado aos festexos.

 

O Concello agradece a colaboración de Telefónica e o interesa amosa pola Comisión de Festas e outros colectivos de Malvas para lograr esta mellora para a parroquia.