Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Club Remo do Miño domina a Copa Ibérica de Remo

12/06/2013

Mércores, 12 de xuño de 2013. A pasada fin de semana disputouse no Parque Náutico de Castrelo do Miño, a Copa Luso-Galaica Cabreiroá para clubs, na que o Club Remo do Miño acadou nove medallas de ouro e catro de prata.

 

Os remeiros/as tudenses dominaron en case todas as categorías, aínda que algúns deles disputaron ata 12 regatas en dous días.

 

A Copa disputouse nas distancias de 500 e 1.000 metros, obtendo os seguintes resultados:

  • Dobre Scull absoluto masculino - David Prada / Óscar Alonso
    • 1.000 metros – Ouro
    • 500 metros – Ouro
  • Dos sen temoeiro absoluto masculino - Alejandro Lomba / Yago Izquierdo
    • 1.000 metros – 4º
    • 500 metros – Prata
  • Skiff absoluto masculino – Jorge André Correia
    • 500 metros – Prata
  • Catro Scull absoluto masculino - Jorge André Correia / David Prada / Óscar Alonso / Cristián Fernández
    • 1.000 metros – Ouro
    • 500 metros – Ouro
  • Catro sen temoeiro absoluto masculino – Alejandro Lomba / Francisco Izquierdo / Miguel Martínez / Yago Izquierdo
    • 1.000 metros – Ouro
    • 500 metros – Prata
  • Catro Scull absoluto feminino – Lucía Saborido / Uxia Saborido / Laura Corgo / Anna Yuchenko
    • 1.000 metros – Ouro
    • 500 metros – Prata
  • Oito con temoeiro absoluto masculino
    • 1.000 metros – Ouro
    • 500 metros – Ouro

 

En definitiva, un campionato espectacular para os remeiros e remeiras do Club Remo do Miño, como preparación para o Campionato Galego de Remo que disputarase na próxima fin de semana.

 

O Concello de Tui desexa felicitar ao Club Remo do Miño, aos seus deportistas e aos adestradores polos magníficos resultados acadados na Copa Luso-Galaica.