Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Club Deportivo Caldelas acadou o ascenso de categoría sendo campión imbatido do seu grupo

16/04/2014

Mércores, 16 de abril. O Club Deportivo Caldelas acadou a pasada fin de semana o ascenso á categoría de segunda división provincial ao converterse no campión do seu grupo, sendo imbatido ao longo da tempada.

Despois de vinte catro partidos disputados, o equipo tudense gañou dezaoito e empatou en seis ocasións, converténdose no único equipo de Galicia imbatido  en tódalas categorías marcando un total de sesenta e oito goles e recibindo unicamente vinte e seis.

O Concello de Tui felicita a tódolos xogadores e corpo técnico do Club Deportivo Caldelas pola consecución deste ascenso de categoría á segunda división provincial así como aos seus directivos polo traballo que están realizando, non so co primeiro equipo, se non coas categorías base.