Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Club Deportivo Caldelas abre prazo de inscricións para as súas categorías inferiores

28/06/2013

Venres, 28 de xuño de 2013. O Club Deportivo Caldelas ten intención de crear
categorías inferiores, para realizar os adestramentos e as competicións no
campo de fútbol de céspede sintético de Caldelas.

Por isto, esta fin de semana, mañá sábado 29 e o domingo 30 de xuño poderán
anotarse tódolos nenos e nenas interesados en xogar ao fútbol en Caldelas,
acudindo ao campo de fútbol.

Para más información poden poñerse en contacto co Juan Ángel Gándara,
Presidente do Club Deportivo Caldelas, no número de teléfono 661.5238.765 o
no 676.359.033.