Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O club de piragüismo Penedo acada tres ouros na copa de España de slalom olímpicio

10/04/2013

Mércores, 10 de abril de 2013. O Club Piragüismo Penedo participou a pasada fin de semana na Copa de España de Slalom Olímpico, no canal de slalom permanente do río Tea en Mondariz.

 

O club de Caldelas de Tui acadou tres ouros, o que fixo rematar o campionato na 6ª posición na clasificación por clubs, sendo o segundo mellor club galego.

 

Daniel J. Suárez-Llanos, na categoría C1 Sénior, Luís Fernández, na categoría C1 Cadete e o C2 Sénior de Marcos Fortes e Jonatan Calvo acadaron a medalla de ouro nesta competición.

 

Dende o Concello de Tui felicitan ao Club Piragüismo Caldelas por estes logros que testemuñan o importante traballo que esa entidade deportiva está realizando e o alto nivel do deporte tudense.