Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O clásico de Shakespeare “Mucho ruido y pocas nueces” chega hoxe venres a Tui

21/02/2014

Las Grotesques de Madrid representarán a súa particular versión desta obra

Venres, 21 de febreiro de 2014. A obra escrita por William Shakeapere no século XVI “Mucho ruído y pocas nueces” chega hoxe venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Las Grotesques de Madrid que porán en escena ás 21.30h a súa particular versión desta comedia romántica.

Elena Lombao, Tusti de las Heras e Celia Freijerio soben ao escenario baixo a dirección de Sonia Sebastián interpretando todas as personaxes da función. O resultado é unha historia de honra e deshonra, de rápidos e intelixentes diálogos, na que o amor debe triunfar por riba de todo. A representación comeza co regreso de Don Pedro de Aragón, e coma este tenta axudar ao conde Claudio, a súa man dereita,  a conquistar a Hero, a filla do gobernador. Pero Don Juan tenta sementar a discordia. Por outra parte están Benedicto e Beatriz, dous adversarios irreconciliables, que todos tentan que se namoren un do outro.

O espectáculo, recomendado a partir dos 16 anos, ten unha duración de 80 minutos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata o venres ás 13 ao prezo de 6€ e 4,5€. Tamén se poderán adquirir o venres dende ás 20h no despacho de billetes na Área Panorámica.