Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Circuíto das Andainas Saudables Eurocidade 2013 segue có “TRILHO SERRA D’ARGA”

7/05/2013

Martes, 7 de maio de 2013. Este sábado 11 de maio levarase a cabo a quinta andaina do Circuíto das Andainas Saudables Eurocidade 2013, “Trilho Serra d’Arga”.

 

Nesta ocasión a andaina non se realizará no municipio de Valença, se non que percorrerá a Serra d’Arga, para o cal todas as persoas interesadas en participar terán que inscribirse a través do mail caminhadas.andainas@gmail.com ou na piscina municipal de Valença, ata completar as prazas do autobús, tendo un custe de 2€ por persoa a aboar no día da andaina. O día límite para anotarse será este xoves 9 de maio.

 

Os autobuses recollerán aos participantes na Central de Transportes Rodoviarios de Valença (Campo da Feira), as 08.00 horas portuguesas, 09.00 horas españolas.

 

A duración desta andaina será de 4h30 aproximadamente, percorrendo unha distancia de 11 quilómetros, sendo a dificultade da mesma fácil/moderada.

Na anterior andaina “PRG2 – Serra do Galiñeiro”, 128 camiñantes puideron gozar das vistas panorámicas do Val do Loura e da enseada de Baiona, coas  illas Estelas e a ría de Vigo ao fondo, percorrendo entre piñeiros, un sotobosque de acivros, gando pacendo libre polo monte, carballeiras preñadas de follas novas, eguadas ceibes, cabritos recen nacidos e prados e monte baixo.