Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alumeado de nadal do Concello de Tui manten o seu atractivo

16/12/2013

A novidade deste ano é unha árbore de ata 12 m de altura

Luns, 16 de decembro de 2013. Dende o pasado 6 de decembro está en funcionamento o alumeado de Nadal que o Concello de Tui ten instalado en numerosos lugares da nosa cidade e que conforman un elemento tradicional das festas navideñas tudenses. O Concello procedeu á iluminación mediante 118 arcos e rótulos con motivos de Nadal, nas rúas, paseos, prazas e zonas comerciais da nosa cidade.

Todos os arcos instalados están fabricados en estructura de aluminio e a iluminación nos arcos é con microbombillas de led e fío luminoso de led que reduce substancialmente os consumos de enerxía eléctrica. Desta forma dáse continuidade a política de aforro comezada en anos anteriores coa utilización deste tipo de luces mantendo a reducción no número de arcos, ambientación musical, etc xa comezada nos pasados ano. De todos os xeitos Tui seguirá sendo un referente no alumeado de Nadal.

Aínda así o casco urbano tudense luce unha chamativa iluminación de Nadal, xa que dende o Concello consideran que isto repercute positivamente no comercio e na hostalería local e contribúe a crear un ambiente festivo propio destas datas. Este alumeado permanecerá aceso ata o 6 de xaneiro dende ás seis da tarde. Complétase esta decoración coa instalación do Nacemento na Praza da Inmaculada e como novidade neste mesmo lugar unha espectacular árbore de Nadal de doce metros de altura.

Os arcos están ubicados no Paseo da Corredoira, nas rúas Calvo Sotelo, Augusto González Besada, Compostela, Casal Aboy, Lugo, Betanzos, Martínez Padín, Avenida da Concordia, Avenida de Portugal, Rosa Bahamonde, Ordóñez, Camilo José Cela, Foxo, Maristas, Colón, Coruña e Porta da Pía e foron colocados motivos laterais nas rúas Ourense, Mondoñedo e Betanzos.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salienta que nesta época dada a situación económica, é preciso reducir gastos mantendo o orzamento con respecto a 2012 no que se tiña reducido nun 50%, pois o Concello entende este gasto como un investimento en apoio ao comercio local; o gasto polo consumo, grazas ao sistema led é moi reducido non acadando os 2000 euros no mes de funcionamento.

O rexedor confía que a iluminación sexa do agrado da poboación tanto tudense como foránea, xa que cada ano son moitas as persoas que se achegan a Tui para ver este alumeado, e aproveitan despois para facer algunha compra ou consumir nos establecemento hostaleiros ou visitar os recursos monumentais e paisaxísticos da nosa cidade.