Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde visitou o "Summer Training School" na que participan vinte investigadores novos

14/06/2013

Participaron investigadores de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

 

Venres, 14 de xuño de 2013. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, realizou unha vista na mañá de onte xoves 13 de xuño aos estudantes e investigadores participantes no “Summer Training School” que reuniu na Eurocidade ao longo desta semana a máis dunha véntena de investigadores de sete países europeos para traballar en temas de planificación territorial e accesibilidade. Este encontro foi clausurada está mañá na Cámara Municipal de Valença.

 

O proxecto de investigación interuniversitario denominado “Acción COST TU1002: Recollida de instrumentos de accesibilidade e mellora da súa capacidade de uso das prácticas de planificación”, financiada pola Unión Europea. Este proxecto pretende avaliar a aplicabilidade de instrumentos de apoio á decisión que enfocan cuestións de accesibilidade en todas as súas vertentes nos procesos de planeamento. O proxecto engloba a participación de investigadores de mais de 20 países europeos, tendo tamén unha rede de novos investigadores (Junior Researchers Network, JRN). O site do proxecto é http://www.accessibilityplanning.eu/.

 

Un dos directores do proxecto Enrique J. Calderón presentou ao Alcalde aos participantes sinalando que a elección da Eurocidade Tui – Valença para este traballo responde ao interese paradigmático desta iniciativa de cooperación territorial pois eb moi escasos lugares de Europa existe unha cohesión e intercambio social como entre tudenses e valencianos.

 

O rexedor local agradeceu a escolla da Eurocidade para este traballo, congratulándose póla investigación que realizan e desexando coñecer as súas conclusións e recomendacións para considerar a súa viabilidade.

 

Esta JRN ten todos os anos un encontro propio denominado “Summer Trainng School” (STS), que pretende ser unha semana de traballo intensivo dos membros da JRN sobre o estudo dun caso específico, utilizando as metodoloxías desenvolvidas e aplicadas no proxecto. Participaran nesta STS investigadores novos de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

Ao longo destas xornada participaron nun encontro do director da AECTGNP, Juan Lirón, os técnicos municipais de Tui e Valença en materia de planeamento,a si como diversos profesores universitarios de España e Portugal.