Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde recibiu no Concello a 140 alumnos do CEIP nº2 de Tui

28/11/2012

A finais da pasada semana un grupo de arredor de 140 alumnos do CEIP nº 2 de Tui visitaron a Casa do Concello para coñecer o seu funcionamento e, no decurso da súa visita, foron recibido polo Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, no Salón de Plenos do Concello.

 

O Alcalde departiu cos alumnos explicando o funcionamento do Pleno do Concello e como se adoptan as decisións no decurso das súas reunións, asi como algunhas das principais competencias que posúe o Concello ao servizo dos cidadáns de Tui. Atendeu tamén algunha das numerosas preguntas que os alumnos formularon con grande curiosidade e interese.

 

Moisés Rodríguez Pérez agradeceu ao profesorado deste centro a súa iniciativa que contribúe eficazmente a achegar a vida municipal aos rapaces e rapazas do noso concello e fomenta unha cultura da participación. O Alcalde tudense estivo acompañado pola concelleira de educación e cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, e outros concelleiros do goberno municipal tudense.