Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde no III Seminario da Iniciativa Desafio 2020 organizada polo CIM Alto Minho

13/07/2012

O ALCALDE PRESIDE A INAUGURACIÓN DO IIIº SEMINARIO DA INICIATIVA “DESAFÍO 2020”: ALTO MIÑO DEBATE CAMIÑOS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN

 

Xoves, 12 de xullo de 2012. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, xunto ao Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, participaron esta mañá na inauguración do IIIº Seminario a Iniciativa “Alto Minho Desafio2020: Uma regiao conectada, como desenvolver os caminhos para internacionalizaçao” organizado polla Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima (CIM Alto Minho) hoxe xoves, 12 de xullo, a partir das 10 hora española na Eurocidade Valença -Tui (na Quinta do Amorinho, Valença).

 

Este é o terceiro de seis seminarios da iniciativa “Alto Miño Desafío 2020”, desta vez subordinado ao tema da conexión da rexión do Alto Miño á Europa e ao mundo. Promover o debate e a reflexión crítica sobre o posicionamento do Alto Miño á escala internacional, sacando partido da súa posición xeográfica e do seu potencial, para valorizar as exportacións de mercadorías e a captación de turistas, o investimento e o acollemento empresarial, as redes de conectividade, a loxística e as canles de comunicación, son algunhas das premisas para este seminario, que integra na súa lista de convidados personalidades do mundo empresarial, de entidades tanto nacionais como da Galicia.

 

Na inauguración da sesión Moisés Rodríguez, alcalde do Concello de Tui saudou aos asistentes congratulándose da elección da Eurocidade Tui – Valença para a celebración deste seminario, pois esta iniciativa dos municipios tudense e valencia testemuña o seu compromiso de afondar na cooperación transfronteiriza, aproveitando as sinerxías de ambas localidade se as oportunidades que ofrece o valor fronteira ea s potencialidades dos eu patrimonio cultura le natural. Un labor onde precisaba  colaboración dos diversos axentes económico e sociais deste territorio.

 

Neste Seminario haberá tres mesas redondas, unha primeira sobre  sobre “Como desenvolver os camiños para a internacionalización do Alto Miño”, moderada por Juan Lirón, da AECT Norte Portugal-Galiza. Os poñentes serán Pedro Rodrigues, da AICEP; Jesus Gamallo, director-xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia; Miguel Rodríguez Bugarín, director-xeral de Transportes da Xunta de Galicia; e José da Costa Faría, vice president Business Development DHL Supply Chain Southern Europe.

 

Pola tarde celebrarase un segundo panel “Alto Miño Desafío 2020: Perspectivas para unha rexión máis conectada”, onde Augusto Mateus, coordinador do Plano de Desenvolvemento do Alto Miño, presentará a estratexia de intervención para o Alto Miño “como rexión ligada á Europa e ao Mundo”, nunha lóxica de conectividade atenta ás mercadorías, ás persoas, ás tecnoloxías, aos capitais ou á información.

 

Ás 16.15 hora española haberá tamén unha mesa redonda moderada por Paulo Ferreira, subdirector do Xornal de Noticias, sobre “As ópticas de abertura do Alto Miño na afirmación dunha rexión conectada”, que contará coas intervencións de José Maria Costa, presidente do Eixe Atlántico; Francisco Araújo, presidente da Asociación para o Centro de Incubação de Base Tecnolóxica do Miño (In.Cubo); Johan Stevens, coordinador da Academia da Internacionalização e director-xeral da SANITOP; Francisco Calheiros, coordinador do Consorcio MinhoIn e presidente da Turihab; Xavier Martin, administrador da DSTelecom e da MinhoCom/ValiCom; Rui Días, xeneral manager da GETBUS; e Martinho Silva, director executivo da Mar Ibérica.

 

A clausura terá lugar ás seis da tarde a cargo António Rui Esteves Solheiro, Presidente do Conselho Executivo da CIM.