Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde Moisés Rodríguez felicita á veciña Herminda Villaverde na súa casa polo seu 100 cumpreanos

15/10/2013

Luns, 14 de outubro de 2013. A veciña tudense Herminda Villaverde celebrou onte o seu 100 aniversario rodeada de familiares e amigos na súa casa de Guillarei. O alcalde Moisés Rodríguez, xunto con outros membros da Corporación Municipal, sorprendía á veciña de Tui cunha tarta de cumpreanos que lle levaron á súa casa como mostra de celebración deste século de vida.

Herminda Villaverde mostrábase contenta e agradecida pola visita e cumpría así coa tradición de soprar as velas. Viúva desde hai moitos anos dedicou a meirande parte da súa  vida ás labores domésticas e agrícolas e deu luz a 7 fillos, dos cales na actualidade só viven 3. Ten o título de bisavoa, con 10 netos e 6 bisnetos, os cales acudiron onte ao domicilio de Dona Hermida para celebrar, xunto co resto da familia ,o seu centenario.