Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde Moisés Rodriguez e o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra visitan as obras iniciadas no parque empresarial de Areas

28/11/2013

Xoves, 28 de novembro de 2013. O alcalde Tui,Moisés Rodríguez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaba hoxe as obras de “Mellora do acceso ao parque empresarial de Areas: creación de rotonda e renovación de pavimento" que comezaban a principios deste mes .

 

O alcalde e o delegado territorial  achegáronse ao lugar onte se están levando a cabo os traballos que contan cun presuposto de 143.000 euros, subvencionados ao 80 % grazas a unha achega da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que conta co finanzamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), aportando o Concello dos seus fondos 28.000 euros.

 

O goberno local busca con este investimento mellorar a seguridade vial no acceso ao parque empresarial debido ao elevado número de persoas e automóbiles que circulan diariamente no polígono industrial, así coma facilitar unha mellor comunicacicón na parroquia de Areas, concretamente no barrio de Anta.

 

As obras céntranse na creación dunha rotonda no cruce de acceso ao parque empresarial e a renovación do pavimento do mesmo vial que é punto clave de tránsito continuo de automóbiles e camións.