Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde e os voceiros municipais comparecerán mañá en rolda de prensa para explicar as medidas preventivas ante o coronavirus

12/03/2020

Mañá venres, 13 de marzo, ás 12 h na casa do concello comparecerán en rolda de prensa o alcalde, Enrique Cabaleiro, e os voceiros de todos os grupos políticos da corporación, José Ángel Fernández do PP, Juan Miguel Diz Guedes de Ciudadanos, Carmen Núñez do BNG, Laureano Alonso de En Marea, e José Manuel Palacín de C21.

O obxectivo é explicar e ampliar a información sobre as medidas adoptadas para previr o contaxio por coronavirus.