Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde e deputado provincial entregou axudas económicas ao Atlético Guardés e ao Atlético Novás

13/05/2014

 

Martes, 13 de maio de 2014. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na súa condición de deputado provincial fixo entrega o pasado venres de dúas axudas económicas ao Club Balonmán Atlético Guardés e á Sociedade Deportiva Atlético Novás  para a súa participación en ligas e competicións oficiais.

 

Deste xeito a Deputación Provincial concedeu 30 mil euros ao Club Balonmán Atlético Guardés e 12 mil á Sociedade Deportiva Atlético Novás.