Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Alcalde de Tui inaugurou o curso de verán da Universidade de Vigo

7/07/2008

O ALCALDE DE TUI INAUGUROU O CURSO DE VERÁN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

O Alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernández Rocha, xunto coa directora do curso de verán da Universidade de Vigo, Antonia , procederon esta mañá a inauguración do curso de extensión universitaria “Comunicar, educar e participar para a educación ambiental” que tivo lugar na Sala de Actos do Museo Municipal (no antivo convento de San Domingos) ás 10,00 horas.

Fernández Rocha na súa intervención amosou a súa satisfacción pola celebración de novo, logo dunha década, de cursos de verán para universitarios na nosa cidade logo do acordo do Pleno da Corporación Municipal ao respecto. Sinalou na súa intervención como Tui posue dous importantes recursos medioambientais susceptibles dun máis amplo aproveitamento como é o Parque Natural do Monte Aloia e, especialmente, o río Miño, integrado na Rede Natura 2000 da Unión Europea. Estes recursos medioambientais complementan a oferta que en materia de patrimonio cultural ofrece a cidade de Tui, por tanto este curso incide nunca materia de interese para este concello.

O Alcalde tudense agradeceu especialmente á Universidade de Vigo e concretamente á Vicerreitoria de Extensión a súa iniciativa e interese por desenvolver este curso de verán na nosa cidade. Por ultimo, convidou aos asistentes a coñecer a nosa cidade, a percorrer as rúas do conxunto histórico e disfrutar da hospitalidade da nosa cidade e das súas xentes.

Neste curso de verán sobre educación ambiental participan un total de 20 alumnos que ao longo desta semana realizarán un achegamento tanto de carácter teórico como por medio de acción prácticas ao mundo da educación en temas de medio ambiente a cargo de prestixiosos especialistas nesta materia.

Asistiron ao acto de inauguración xunto ao Alcalde tudense, o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de medio ambiente, María Xosé Rosada Silva.