Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde asistiu onte á presentación da Revista Galega de Educación

2/03/2012

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado pola concelleira de educación e cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, asistiron onte á tarde ao acto de presentación dos últimos número editados da “Revista Galega de Educación” que tivo lugar ás 20,00 horas na Sala Felix Rodríguez González no edificio “Área Panorámica”.

En concreto foron presentados o número 50 da “Revista Galega de Educación” recolle unha semblanza dos 25 anos desta publicación periódica e o número 51 que está monograficamente dedicado aos xoguetes tradicionais galegos.

Xunto ao alcalde de Tui participaron nesta presentación, Xesús Rodríguez Rodríguez, director da Revista Galega de Educación, Manolo García, investigador do patrimonio lúdico e Xosé López, profesor do IES Francisco Sánchez de Tui e investigador do patrimonio lúdico. Estes dous últimos na súa condición de coordinadores do monográfico que se presentaba.

Moisés Rodríguez congratulouse pola celebración na nosa cidade deste acto de presentación destas publicacións que enriquecen o coñecemento do mundo educativo e cultural de Galicia.

O acto de presentación foi complementado cunha pequena mostra de xoguetes tradicionais que suscitaron o interese dos asistentes.