Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde asiste á presentación da oferta gastronómica dos paradores de Galicia.

22/05/2013

No acto estiveron presentes a Secretaria de Estado de Turismo, a Presidenta de Paradores e o Presidente da Xunta de Galicia

 

Martes, 22 de maio de 2012. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, participou esta mañá en Santiago de Compostela no acto de presentación dos novos espazos gastronómicos "Enxebres", que se poñen en marcha en sete dos once Paradores de Turismo galegos, que ofrecerán tapas e racións como alternativa ao comedor tradicional.

 

Neste acto estiveron presente a Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, xunto á Presidenta de Paradores, Angeles Alarcó, e o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

 

Mañá mércores a presidenta de Paradores realizará a presentación deste novo espazo gastronómico no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui ás 12,00 horas do mediodía.

 

Para o rexedor tudense estes actos son unha grande satisfacción pois expresan o compromiso da Paradores pola continuidade e mesmo revitalización do Parador tudense, unha peza imprescindible na oferta turística da nosa cidade.