Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O 4 de xuño a Aula da UNED de Tui impartirá un curso para a xestión do capital humano

15/05/2014

 

Xoves, 15 de maio de 2014. A aula UNED de Tui organiza o curso “Técnicas de xestión e motivación de equipos de traballo” dirixido a aqueles profesionais que desexen desenvolver habilidades de coordinación, comunicación e cooperación indispensables para facilitar o traballo en equipo nas empresas.

 

O traballo en equipo é un determinante de éxito converténdose en indispensable a xestión do capital humano coa motivación e comunicación coma elementos clave para conseguilo. Así, a Aula UNED de Tui desenvolverá o curso para a xestión do capital humano o mércores, 4 de xuño, de 17h a 20h. A matrícula ten un prezo de 55 euros, 35 euros para alumnos da UNED, discapacitados e parados.

 

Os interesados poden inscribirse a través da páxina web www.unedpontevedra.com, chamando por teléfono ao 986 85 18 50 ou dirixíndose ás instalacións da Aula UNED de Tui (C/Antero Rubín s/n - Antigo Convento de Santo Domingo). O horario de atención ao público é de luns a venres ( excepto xoves) de 16h a 21h.