Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A música, a maxia e o teatro serán mañá as protagonistas na programación de San Telmo

10/04/2023

A Coral Ponte das Febres actuará na Residencia San Telmo, o Rey Midas na carpa da Corredoira e o grupo de teatro Chirlomirlo da Xuntanza de Randufe no Teatro Municipal

Dentro da programación das Festas de San Telmo 2023, mañá martes día 11 a música volverá a ter protagonismo, xunto coa maxia e o teatro.

Ás 16:30 h a Coral Ponte das Febres dará un concerto na Residencia San Telmo para os e as usuarias do centro.

Por outra banda, e pensando nos máis pequenos e pequenas da casa, o Rey Midas estará na carpa do Paseo da Corredoira coa súa actuación “Maxia cómica”, onde este mago con 20 anos de experiencia mestura humor, ilusionismo e misterio. Será a partir das 18:00 h.

Xa ás 21:00 h inaugúrase a XIII Semana de Teatro Amador, onde catro grupos locais estrearán novas obras. Mañá será a quenda do grupo de Teatro Chirlomirlo de Randufe con “Don Quixote”. As entradas están xa á venda en tui.gal ao prezo de 2 euros. Ademais, ás 20:00 h poranse á venda 100 entradas no despacho de billetes.