Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A música coral anima a fin de semana na Eurocidade Tui-Valença

7/12/2022

Seis agrupacións corais de Tui e Valença actuarán sábado e domingo no programa  “Corais na rúa”

Esta fin de semana a música coral será protagonista na Eurocidade Tui-Valença coa actuación seis agrupacións dos dous municipios no programa “Corais na rúa”. Serán as corais valencianas São Teotónio e Verdoejo e o Coro Infantil 1º Grau da Academia da Música da Fortaleza de Valença, e as tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo as que actuarán na praza da República de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui tanto o sábado 10 e coma o domingo11.

Así o sábado 10 na praza da República de Valença actuarán ás 16 hora española a Coral São Teotónio, ás 17 h Coro de Verdoejo, e ás 18 h a Coral San Telmo. Mentres no Paseo da Corredoira poderase escoitar ás 18 hora española a Coral de São Teotónio, ás 19 h o Coro de Verdoejo e ás 20 h a Coral San Telmo.

Mentres o domingo 11 a Coral Centro Sociocomunitario actuará ás 12 h na Praça da República e ás 13.30 h no Paseo da Corredoira. Xa pola tarde ás 16 h o Coro Infantil 1º Grau da Academia da Música da Fortaleza de Valença estará na Praça da República, e unha hora despois, ás 17 h, no mesmo lugar estará a Coral Ponte das Febres. Estas dúas agrupacións volverán actuar ás 18 h e ás 19 h, respectivamente no Paseo da Corredoira en Tui.

 

CORAIS NA RÚA

  • Sábado 10
    • na praza da República 
      • As 16 h ES - Coral São Teotónio
      • As 17 h ES - Coro Verdoejo
      • AS 18 h ES - Coral San Telmo
    • No Paseo da Corredoira 
    • As 18 h ES - Coral São Teotónio
    • As 19 h ES - Coro Verdoejo
    • AS 20 h ES - Coral San Telmo
  • Domingo 11
    • As 12 h ES na Praça da República Coral Centro Sociocomunitario
    • As 13.30 h ES No Paseo da Corredoira Coral do Centro Sociocomunitario
    • As 16.00 h ES na Praça da República Coro Infantil 1º Grau AMFV      
    • As 17.00 h ES na Praça da República  Coral Ponte das Febres           
    • As 18.00 h no Paseo da Corredoira   Coro Infantil 1º Grau AMFV        
    • As 19.00 h no Paseo da Corredoira Coral Ponte das Febres