Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Moi positiva acollida ao Mercado de Nadal celebrado o pasado domingo en Tui

27/12/2012

Máis de 2.000 persoas participaron no evento

 

A celebración do primeiro “Mercado de Nadal” celebrado na cidade de Tui o pasado domingo 23 de decembro é valorado moi positivamente polo Concello tudense que cifra en máis de 2.000 as persoas que a longo da xornada se achegaron ata o Claustro de Catedral tudense para participar neste evento navideño.

 

Un total de dez postos para a venda de produtos relacionados co Nadal concurriron a esta iniciativa do Concello de Tui na que participaron tamén nove establecementos de hostalería da zona monumental que ofreceron as súas especialidades aos asistentes.

 

A celebración deste “Mercado de Nadal” forma parte das actividades que promove o Concello de Tui para a revitalización do noso conxunto monumental, promovendo a súa dinamización social e comercial.

 

O Concello de Tui agradece a todos aos participantes a favorable acollida a esta iniciativa que, á vista do éxito de visitantes,está previsto darlle continuidade no vindeiro ano 2013. Agradecemento especialmente á Catedral de Tui pola cesión do espazo do Claustro para acoller este evento e a celebración coincidindo con este mercado do XV Concurso de panxoliñas que tradicionalmente celebra este templo catedralicio nas xornadas do Nadal.