Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Mediaçoes" novidosa exposición de artes dixitais e multimedia da Bienal de Cerveira en Tui

7/09/2007

“MEDIAÇOES”, UNHA NOVIDOSA EXPOSICIÓN DA ESAD PARA A BIENAL DE CERVEIRA ESTÁ EN TUI ATA O 29 DE SETEMBRO 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata finais do presente mes de setembro unha novidosa exposición que co titulo de “Mediaçoes” ten artillado a Esscola Superior de de Artes e Design (ESAD) de Matosinhos por encargo da Bienal de Vilanova de Cerveira. Esta mostra incide no papel das novas formas e linguaxes artísticas vencelladas ás artes dixitais e multimedia, características do mundo contemporáneo.Esta exposición recolle as creacións da primeira promoción de titulados en artes dixitais e multimedia da ESAD de Matosinhos. A proposta “Mediaçoes” concédelle preeminencia a conceptos, técnicas e soportes dixitais para fomentar a reflexión sobre os medios de comunicación e as mensaxes transmitidas, en especial, por medio das novas canles xurdidas ao abriros das novas tecnoloxias da información e a comunicación.                         Para o concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a presenza desta exposición da XIV Bienal de Cerveira é un motivo de satisfacción para o noso Concello pois unha cita artística de primeiro nivel internacional escolle á nosa cidade como unha das súas sedes. Amáis a exposición “Mediaçoes” incide sobre o papel das artes dixitais e multimedia realizando unha aportación chea de actualidade á vida cultural tudense. Finalmente, a participación de Tui como unha das sedes da XIV Bienal de Vilanova de Cerveira incide nunha liña de traballo que a concelleria tudense quere potenciar: a comunicación artística con Portugal para converter a Tui nun referente, nunha ponte, nas relacións entre a cultura galega e portuguesa. “Mediaçòes” é un proxecto de instalación desenvolvido pola Escola Superior de Artes e Design de Matosinhos integrado na XIV Bienal de Cerveira. “Mediaciôes” retoma, en parte, propósitos e reflexións – cuestionamento das formas de diálogo, comunicación e contaminación que caracterizan o proxecto artístico contemporáneo – xa traballados na exposicións “Contaminaçôes” desenvolvimos na Bienal de 2005, incrementando unha reflexión sobre o papel dos “media” e das súas mensaxes ao través da revisión do principio de Marsall Mcluhan – o medio é a mensaxe- como principio cuestionador de propostas individuais (de deseñadores e artistas) e colectivas (propostas vinculadas á Escola) e dos novos medios e soportes (do teléfono móvil a Internet), o que representa, no fondo, un xeito particular de cuestionar a contemporaneidade e a nosa vinculación á mesma.A participación da ESAD na Bienal de Cerveira do 2007, con esta exposición en Tui, coincide coa conclusión da licenciatura dos primeiros alumnos da escola formados en Artes Dixitais e Multimedia. Este feito vencellado á actualidade das formas creativas ligadas ao campo dixital, orientou á participación da ESAD na Bienal 2007 no sentido de privilexiar conceptos, técnicas e soportes ligados ás artes dixitais e ao multimedia. Baseados na exploración dos recursos multimedia se presentan seis proxectos (EAD-LAB; Robótica Minimal; Visiôes; Mensagens; Personal Views e Interferencias) que baixo diferentes perspectivas interrogan a actual creación artística e as relacións que a partir dela se establecen coa realidade individual e colectiva. Neste cuestionar un elemento é, permanentemente, requerido: o espectador. É ao visitante, convertido en axente participativo, ao que compete agora o estatuto de último e determinante mediador Ficha técnica:Comisário: José Manuel Bártolo
Projecto de Instalação: Ana Medeiros
Coordenação Técnica: Israel Pimenta
Projecto Gráfico: Sérgio Correia; Nicolau Fernandes
Design de Som: José Fernando Almeida
Programação: Rui Dias
Concepção e Produção: Albano Lemos Pires; Ana Medeiros; Ana Pinto; Israel Pimenta; José Bártolo; Joana Borges; Maria João Portugal; Marta Varzim; Sérgio Correia; Tiago Sousa.
Produção de Estruturas: Oficinas da ESAD (Coordenação José Castro)
Comunicação e Imprensa: Gabinete de Comunicação da ESAD
Produção: ESAD Escola Superior de Artes e Design, Matosinhos.
Co-Produção: Bienal de Cerveira; Concelleria de Cultura do Concello de Tui