Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves recepción ao equipo infantil do Tyde

20/06/2012

Acadaron o ascenso á Primeira División Infantil

 

Mañá xoves 21, ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, recibirase ao equipo infantil do Tyde, que recentemente acadou o ascenso á primeira división infantil ao proclamarse campión da segunda categoría.

 

Neste acto participarán o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Tyde FC, Jesús Álvarez, así como outros concelleiros de Tui.