Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves celébrase a I EUROCIDADE FÚTBOL CUP

30/07/2014

Enfrontaranse o As Far Rabat de Marrocos e o  Real Celta de Vigo B

Mércores, 30 de xullo. Mañá xoves, 31 de xullo, a partir das 20.30 horas españolas, celebraráse a I Eurocidade Cup, torneo de fútbol entre os equipos de Real Celta de Vigo B e o equipo As Far Rabat de Marrocos, organizado pola Eurocidade Valença-Tui e o S.D. Valenciano, no Estadio Dr. Lourenço Raimundo de Valença.

Esta será a primeira das tres probas deportivas organizadas esta semana pola Eurocidade Tui-Valença, que se completará coa celebración do III Trofeo Eurocidade de Balonmán e o Campionato Ibérico de Triatlón.