Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres primeira proxección de Cinema no Verán Cultural de Tui: "Pradolongo"

10/07/2008

Mañá primeira proxección de Cinema no Verán Cultural de Tui

Será ás 22.30h na Praza de San Fernando

Xoves, 10 de xullo de 2008. Mañá venres, 11 de xullo, ten lugar a primeira das proxeccións de cinema do Verán Cultural de Tui que organiza a Concellería de Cultura de Tui e que será presentado en breve.

A cita será na Praza de San Fernando ás 22.30h coa película galega “Pradolongo”. Esté film está dirixido por Ignacio Villar e protagonizado por Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto, Mela Casal e Gonzalo Rei Chao. Reflicte a historia de tres amigos da infancia Raquel, Martiño e Armando, que ven deteriorada a súa amizade a medida que crecen ao interporse entre eles o amor e os sentimentos de clase.

A película dende a súa estrea tivo un notable éxito na billeteira dos cinemas galegos.

En caso de choiva a película proxectarase no Teatro Municipal, debendo retirar entrada de xeito gratuíto dende ás 22h.

Cinema: Pradolongo

Data: Venres 11 de xullo ás 22.30h

Lugar: Praza de San Fernando

Se chove proxectarase no Teatro Municipal debendo nese caso retirar entrada de xeito gratuíto dende ás 22h.