Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres inauguración da exposición colectiva dos alumnos do Pintor Suso Valiente

4/10/2012

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá, venres 5 de outubro ás 20.30 horas, a inauguración dunha mostra colectiva na que os alumnos do taller de pintura que promove na nosa cidade a pintor Suso Valiente amosa o traballo desenvolvido neste ámbito artístico.

 

Nesta exposición colectiva poderemos contemplar as obras de aprendizaxe dos 28 alumnos e alumnas deste taller tudense que comprende un amplo segmento de idade, ofrecendo unha escolma onde prima a diversidade de técnicas, de enfoques, de experiencias... resultando un  dos atractivos desta exposición.

 

A Concelleira de Cultura do Concello de Tui congratúlase porque a  Sala Municipal de Exposicións acolla esta mostra que reflicte o dinamismo da sociedade tudense interesada por acceder a novos coñecementos, como é neste caso a aprendizaxe das técnicas pictóricas. Hai escasas datas tamén outros colectivo tudenses amosaban o labor dos seus obradoiros, no que participaban numerosas asociadas. Estas mostras testemuñan a vitalidade dos nosos veciños e dende o Concello estamos encantados de colaborar na difusión do seu traballo, pois a promoción da cultura abrangue tamén estas actividades de base que non por modestas deixan de seren imprescindibles.

 

Esta exposición colectiva estará aberta ao público ata o vindeiro 30 de outubro.