Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres e o sábado a Eurocidade acolle a xornada informativa “Xuventude en Movemento” da Comisión Europea

25/10/2012
  • Ofrece información sobre os programas europeos para os mozos em matéria de emprego e formación
  • Cerca de 200 erasmus se achegan ata Tui para este evento
  • Concertos, andaina, maxia, arte... forman parte do programa lúdico

 

“Xuventude en Movemento” é unha iniciativa da Unión Europea para dar resposta aos retos a que se enfrontan na actualidade os mozos e mozas e así a que teñan éxito na economía do coñecemento. Trátase dun programa marco da Estratexia Europa 2020 que pretende fomentar a mobilidade, a educación, o emprego e o espírito empresarial entre a xuventude. Para dar a coñecer esta iniciativa a Comisión Europea está a desenvolver en diversas cidades de Europa unha campaña de información e sensibilización, en colaboración coas autoridades rexionais e locais, que os vindeiros 26 e 27 de outubro chegará á Eurocidade Tui-Valença.

 

Os actos da campaña centraranse nos ámbitos da educación, a formación e a procura de emprego. Así, grazas á colaboración de varias universidades da Eurorrexión, e coincidindo co 25 aniversario do Programa Erasmus, achegaranse ata a Eurocidade Tui-Valença uns 200 estudantes Erasmus. No ámbito educativo, organizaranse tamén varios debates sobre os pormenores da carreira científica; a Formación Profesional, con especial fincapé no Programa alemán de Formación Profesional Dual; e sobre o déficit de idiomas en España, onde se expoñerá o programa de centros plurilingües que se iniciou nesta lexislatura en Galicia.

 

No que respecta á procura de emprego, están previstos varios obradoiros dirixidos e orientados ao máis novos: como utilizar os medios de comunicación social e as plataformas web para buscar alternativas profesionais; as posibilidades de desenvolvemento competitivo que presenta na actualidade o ámbito rural en Galicia; a innovación e o fomento das novas vocacións nas profesións tradicionais ou a presentación de varios programas de emprego e mobilidade existentes (como EURES ou o Erasmus para Mozos Emprendedores).

 

Finalmente, no eido cultural e de lecer, o evento de Tui-Valença oferta concertos gratuítos dos grupos Maryland e A Jigsaw, maxia e actividades deportivas e artísticas.

 

En España, as cidades de Sevilla, Murcia e Zaragoza xa acolleron a Campaña Xuventude en Movemento. No caso de Portugal, o evento estivo en Porto e Lisboa. Sen embargo, trátase da primeira vez que se organiza un evento de carácter transfronteirizo.

 

O acto de inauguración será mañá venres ás 19,30 horas.

 

De seguido haberá concerto no Paseo da Corredoira dende as 20,30 horas a cargo de dous grupos da eurorrexión Galicia Norte de Portugal que máis destacada presenza manteñen no panorama musical nos últimos tempos.

 

A Jigsaw é una banda blues-folk portuguesa, formada en Coimbra, polo trio: João Rui, Jorri e Susana Ribeiro. O seu son é caracteristicamente multi-instrumentista, podéndose escoitar unha guitarra e unha harmónica,  un “banjo” e un contra-baixo ou unhas castañolas, un bombo tradicional ou un violín. Están considerados pola revista holandesa Heaven Magazine como un dos proxectos de “indie folk americano” máis interesante e orixinal do continente europeo.

 

Completará o concerto de apertura a banda galega Maryland que ten xa varios traballos editados no mercado e que son unha das apostas más firmes no panorama musical peninsular no power-pop Formado por Pablo Castelo, “bajista” do grupo e o seu irmán Rubén Castelo (voz e guitarra). Outra parella de irmáns, Arturo (guitarra e voz) e Jaime Gutiérrez de la Cámara (batería), integran este quinteto, que completa Iván Patiño aos teclados.

 

 

Máis información en:


http://ec.europa.eu/youthonthemove
https://twitter.com/JEM_XEM
https://www.facebook.com/XuventudeEnMovemento