Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña venres 1ª das visitas guiadas programadas nas Xornadas da Cultura Xudía en Tui

30/08/2012

Será ao conxunto histórico de Tui ás 22,00 horas

 

A cidade de Tui acolle esta fin de semana as actividades dunha nova edición das Xornadas Europeas da Cultura Xudía con diversas visitas guiadas aos elementos máis reseñables do patrimonio relacionados coa presenza histórica dos xudeu.

 

Así mañá venres ás 22,00 horas e con inicio na Praza do Concello haberá unha visita guiadas aos vestixios para presenza da comunidade xudía no conxunto histórico de Tui. Esta visita, guiada polo historiador Suso Vila, nos achegará a diversos espazos urbanos da cidade onde temos documentada algunha das múltiples testemuñas históricas do xudeus na nosa cidade. Cómpre lembrar que Tui contaba, na Idade Media, cunha sinagoga, cemiterio e mesmo a única carnicería xudía documentada en Galicia. Esta presenza do pobo xudeu mantívose en Tui aínda logo do decreto de expulsión de 1492 e diversos procesos inquisitoriais documentan esta continuidade histórica. No decurso do itinerario se visitaran varios lugares onde existiron cárceres, tanto civís como eclesiásticas, onde estiveron prisioneiros individuos acusados de practicas xudaizantes.